Entrevista: Oscar Otero – Letrag

Letrag es una web imprescindible para cualquier diseñador. Oscar Otero, su creador, nos cuenta algo más sobre esta página sobre tipografía

Oscar Otero Letrag

¿Cual es el origen de Letrag?

Pois letrag naceu en 2004 máis ou menos. Estaba comezando a miña carreira profesional como deseñador gráfico e sempre tiña problemas para atopar a tipografía adecuada en cada proxecto. Aínda que tivese claro o estilo e ton que quería, logo era difícil encontrala entre as centos ou miles de tipografías que existen hoxe en día. Entón foi cando se me ocorreu que sería de grande axuda se houbese unha web onde puidese atopar tipografías tendo en conta determinadas características. E aí foi onde comezou o proxecto, primeiro como un simple directorio de tipografías e logo, pouco a pouco funlle engadindo máis información e ferramentas.

Pues letrag nació en 2004 más o menos. Estaba comenzando mi carrera profesional como diseñador gráfico y siempre tenía problemas para encontrar la tipografía adecuada en cada proyecto. Aunque tuviera claro el estilo y tono que quería, luego era difícil encontrarla entre los cientos o miles de tipografías que existen hoy en día. Entonces fue cuando se me ocurrió que sería de gran ayuda si hubiera una web donde pudiera encontrar tipografías teniendo en cuenta determinadas características. Y ahí fue donde comenzó el proyecto, primero como un simple directorio de tipografías y luego, poco a poco fui añadiéndole más información y herramientas.

¿De donde viene tu interés por la tipografía?

Creo que o simple feito de ser deseñador xa leva intrínseco un certo interese pola tipografía xa que é algo fundamental para esta profesión. E logo con letrag, preocupeime moito por documentarme ben e ampliar coñecementos sobre tipografía polo que cantos máis coñecementos adquiría máis medraba o meu interese por este tema. Mirándoo dende unha perspectiva xeral, creo que foi letrag o que fixo que sentise unha fascinación tan grande pola tipografía en vez de ser o froito dun grande interese tipográfico previo. Así que se pode dicir, neste caso concreto, que primeiro foi o ovo e logo a galiña.

Creo que lo simple hecho de ser diseñador ya lleva intrínseco un cierto interés por la tipografía ya que es algo fundamental para esta profesión. Y luego con letrag, me preocupé mucho por documentarme bien y ampliar conocimientos sobre tipografía porque cuantos más conocimientos adquiría más crecía mi interés por este tema. Mirándolo desde una perspectiva general, creo que fue letrag el que hizo qué sintiera una fascinación tan grande por la tipografía en vez de ser el fruto de un gran interés tipográfico previo. Así que se puede decir, en este caso concreto, que primero fue el huevo y luego la gallina.

-¿Has creado alguna vez alguna tipografía?

Fixen un par de tipografías anteriormente a letrag pero non teñen ningún interese. Era na época en que todo o mundo facía webs en flash polo que eu decidín facer o meu portfolio con esa tecnoloxía. Como naquela época puxéranse de moda as tipografías pixeladas, decidín facer unha tipografía propia para usala no meu portfolio. Logo tamén fixen algún bosquexo de tipografía en Illustrator pero que non pasou de aí. Pódese dicir que son tipógrafo porque traballo con tipografías e me intereso por elas pero non son deseñador de tipografías.

Hice un par de tipografías anteriormente a letrag pero no tienen ningún interés. Era en la época en que todo el mundo hacía webs en flash por lo que decidí hacer mi portfolio con esa tecnología. Como en aquella época se habían puesto de moda las tipografías pixeladas, decidí hacer una tipografía propia para usarla en mi portfolio. Luego también hice algún boceto de tipografía en Illustrator pero que no pasó de ahí. Puede decirse que son tipógrafo porque trabajo con tipografías y me intereso por ellas pero no soy diseñador de tipografías.

¿Qué podemos encontrar en Letrag? (ojo te pedimos en la siguiente pregunta que nos hables de forma más amplia sobre el identificador)

Eu creo que o máis interesante é a clasificación tipográfica que propón, baseada máis na historia que na forma concreta das letras. Para iso documenteime bastante, analizando bastantes sistemas de clasificación existentes, lendo textos sobre a orixe de certos estilos, etc. O problema que había era que existían moitos sistemas distintos de clasificación pero estaban obsoletos porque non tiñan en conta a maioría das tipografías nacidas no século XX, cando precisamente neste século se deseñaran máis tipografías ca nunca. Case todos os sistemas de clasificación existentes tiñan unha especie de “caixón de xastre” chamado “tipografías decorativas” onde se metían todas as tipografías que non coincidisen coas categorías clásicas estándar, e dese xeito podías atopar unha tipografía de graffiti ao lado doutra de estilo Art Decó. O máis difícil foi poñerlle sentido a todo iso e poder distinguir entre unha tipografía Punk, unha tipografía Hiphop, outra dadaísta, etc, cousa que non se fixera ata o momento.

Tamén existe unha sección onde se recollen unha serie de artigos tipográficos interesantes que puiden rescatar e traducir, outros que me enviaron algúns colaboradores así como un par de entrevistas que fixen a persoas que consideraba interesantes.

Despois tamén está a blogosfera onde se recollen as novidades dun gran número de sitios web adicados á tipografía, como blogs, portais e incluso vídeos de youtube. Tamén hai un pequeno glosario de termos aínda que está bastante incompleto, unha listaxe de ligazóns a sitios web interesantes, unha pequena sección adicada aos caracteres Unicode, etc.

Yo creo que lo más interesante es la clasificación tipográfica que propone, basada más en la historia que en la forma concreta de las letras. Para eso me documenté bastante, analizando bastantes sistemas de clasificación existentes, leyendo textos sobre el origen de ciertos estilos, etc. El problema que había era que existían muchos sistemas distintos de clasificación pero estaban obsoletos porque no tenían en cuenta la mayoría de las tipografías nacidas en el siglo XX, cuando precisamente en este siglo se habían diseñado más tipografías que nunca. Casi todos los sistemas de clasificación existentes tenían una especie de «cajón desastre» llamado «tipografías decorativas» donde se metían todas las tipografías que no coincidieran con las categorías clásicas estándar, y de esa manera podías encontrar una tipografía de graffiti al lado de otra de estilo Art. Decó. Lo más difícil fue a ponerle sentido a todo eso y a poder distinguir entre una tipografía Punk, una tipografía Hiphop, otra dadaísta, etc, cosa que no se había hecho hasta el momento.

También existe una sección donde se recogen una serie de artículos tipográficos interesantes que pude rescatar y traducir, otros que me enviaron algunos colaboradores así como un par de entrevistas que hice a personas que consideraba interesantes.

Después también está la blogosfera donde se recogen las novedades de un gran número de sitios web dedicados a la tipografía, como blogs, portales e incluso vídeos de youtube. También hay un pequeño glosario de terminos aunque está bastante incompleto, un listado de links a sitios web interesantes, una pequeña sección dedicada a los caracteres Unicode, etc.

Cuéntanos un poco una de las herramientas más destacadas de Letrag, el identificador de tipografías.

Basicamente trátase dun buscador de tipografías tipo cuestionario, onde vas respondendo determinadas preguntas que che vai facendo e finalmente che mostra todas as tipografías que coinciden coas túas respostas. É unha ferramenta moi útil para descubrir o nome desa tipografía que viches nun logotipo ou nun cartel. Foi un dos primeiros engadidos que tivo letrag despois da clasificación tipográfica. En realidade a idea non é orixinal xa que xa había unha web que fai algo así chamada identifont.com pero non me gustaba moito os resultados que ofrecía así que decidín crear a miña propia versión. Loxicamente só busca nas tipografías que hai indexadas en letrag polo que pode que a tipografía que estás buscando non estea, pero en moitos casos pode ser de axuda. A min salvoume máis dunha vez.

Básicamente se trata de un buscador de tipografías tipo cuestionario, donde vas respondiendo determinadas preguntas que te va haciendo y finalmente te muestra todas las tipografías que coinciden con tus respuestas. Es una herramienta muy útil para descubrir el nombre de esa tipografía que viste en un logotipo o en un cartel. Fue uno de los primeros añadidos que tuvo letrag después de la clasificación tipográfica. En realidad la idea no es original ya que ya había una web que hace algo así llamada identifont.com pero no me gustaba mucho los resultados que ofrecía así que decidí crear mi propia versión. Lógicamente sólo busca en las tipografías que hay indexadas en letrag por el que puede que la tipografía que estás buscando no esté, pero en muchos casos puede ser de ayuda. A mí me salvó más de una vez.

¿ y el origen de “»Necesitamos unha tipografía chuliña de cor kiwi, que lle zorregue unha labazada visual á xente»?

Iso é un pangrama, que é basicamente unha frase que inclúe todas ou case todas as letras do abecedario. Deste xeito podes ver como se comporta unha tipografía nun texto e ao mesmo tempo podes apreciar as formas de todas as letras.

Como letrag está tanto en galego como en castelán, precisaba un pangrama galego para usar como mostra por defecto no visualizador de tipografías. Así como en castelán existen moitísimos pangramas, en galego non coñecía ningún así que falei con algúns amigos a ver se me axudaban a inventar un. Este en concreto creo recordar que foi obra de Xabier Cid.

Eso es un pangrama, que es básicamente una frase que los incluye todas o casi todas las letras del abecedario. De esta manera puedes ver cómo se comporta una tipografía en un texto y al mismo tiempo puedes apreciar las formas de todas las letras.
Como letrag está tanto en gallego como en castellano, necesitaba un pangrama gallego para usar como muestra por defecto en el visualizador de tipografías. Así como en castellano existen muchos pangramas, en gallego no conocía ninguno así que hablé con algunos amigos a ver si me ayudaban a inventar uno. Este en concreto creo recordar que fue obra de Xabier Cid.

¿Cuantas horas le dedicas  a Letrag? ¿y para montarlo?

Desgraciadamente agora non lle podo dedicar tempo. Letrag foi un proxecto que me axudou a formarme como deseñador e tipógrafo, onde puiden experimentar moito (tivo moitas outras seccións e deseños que agora xa non están dispoñibles) e onde aprendín moitas das cousas que sei sobre o deseño web. Pero agora teño outros proxectos en mente, así como tamén unha empresa xunto con outros 4 socios chamada A navalla suíza que me absorbe todo o tempo dispoñible. Pero lembro que durante a época na que estiven montando e actualizando letrag dediqueille bastante tempo, non só á web senón á tipografía en xeral.

Desgraciadamente ahora no le puedo dedicar tiempo. Letrag fue un proyecto que me ayudó a formarme como diseñador y tipógrafo, donde pude experimentar mucho (tuvo muchas otras secciones y diseños que ahora ya no están disponibles) y donde aprendí muchas de las cosas que sé sobre el diseño web. Pero ahora tengo otros proyectos en mente, así como también una empresa junto con otros 4 socios llamada A navalla suíza que me absorbe todo el tiempo disponible. Pero recuerdo que durante la época en la que estuve montando y actualizando letrag le dediqué bastante tiempo, no sólo a la web sino a la tipografía en general.

¿Cómo valorarías la importancia de la tipografía dentro del diseño gráfico?

Para min a tipografía é un elemento básico no deseño gráfico. É unha das ferramentas máis importantes á hora de transmitir unha mensaxe e moitas veces creo que se lle debería dar máis importancia da que se lle dá. Por exemplo, nas escolas de deseño, a tipografía ocupa un lugar moi pequeno, relegada moitas veces a unha única materia. Hai que ter en conta que unha boa tipografía pode salvar un mal deseño, pero unha mala elección tipográfica pode estragar facilmente un bo deseño.

Para mí la tipografía es un elemento básico en el diseño gráfico. Es una de las herramientas más importantes a la hora de transmitir un mensaje y muchas veces creo que se le debería dar más importancia de la que se le da. Por ejemplo, en las escuelas de diseño, la tipografía ocupa un lugar muy pequeño, relegada muchas veces a una única materia. Hay que tener en cuenta que una buena tipografía puede salvar un mal diseño, pero una mala elección tipográfica puede estropear fácilmente un buen diseño.

¿Existe interés en Galicia por la tipografía?

A verdade é que si, e cada vez máis. Quizais temos unha certa carencia de profesionais realmente expertos na materia, como por exemplo os deseñadores de tipografías, pero si que hai bastante interese por parte dos deseñadores gráficos. Hai pouco a DAG (da que formo parte) organizou dentro do FEET un taller de tipografía e tivo unha aceptación tan grande que moita xente que tivo que quedar fóra.

La verdad es que sí, y cada vez más. Quizás tenemos una cierta carencia de profesionales realmente expertos en la materia, como por ejemplo los diseñadores de tipografías, pero sí que hay bastante interés por parte de los diseñadores gráficos. Hace poco la DAG (de la que formo parte) organizó dentro del FEET un taller de tipografía y tuvo una aceptación tan grande que mucha gente que tuvo que quedar fuera.